Site icon Crónica3.com A Mariña

“O que fai o PP coa sanidade é unha cuestión ideolóxica” afirmou Olalla Rodil

Lugo, 7 de setembro 2016. Olalla Rodil participou este mércores, en Lugo, nun encontro con colectivos vencellados á defensa da sanidade púlblica para expoñer as propostas do BNG nesta materia e escoitar as demandas dos diferentes axentes organizados arredor da defensa do sistema sanitario. A xuntanza enmarcase dentro da serie de encontros que a candidata nacionalista está a manter con todos os sectores durante a precampaña para coñecer, de primeira man, as problemáticas que afectan aos diferentes colectivos.

Olalla Rodil afirmou que “o que fai o PP coa sanidade é unha cuestión ideolóxica” e explicou que “a Lugo néganselle servizos e desto faise un negocio para as empresas e centros privados”. Para Rodil “a discriminación que está a sufrir Lugo a respecto do servizo de hemodinámica as 24 h. é unha pataleta do PP”. Olalla Rodil lembrou, tamén, os peches de camas en determinadas plantas do HULA e o feito de que a Xunta teña abandonado o edficio da antiga residencia que “podería converterse nun Punto de Atención Continua (PAC), un centro de saúde e un Hospital – Residencia para maiores”.

Rodil dixo que “compre esixir a fin da cronificación das listas de espera na atención especializada e, dende hai uns anos, tamén na atención primaria. Tanto no eido asistencial como nas probas diagnósticas”. “Ademais temos que opoñernos ao intento de implantar a Xestiòn Clinica en servizos, unidades e centros de saúde. Trátase dun método autoprivatizador e de facer cómplices aos traballador@s dunha atención a saúde mercantilista”.

Exit mobile version