A organización poñía á venda 2.000 entradas por un prezo de 90 euros que ampliaba tamén ás seguintes 2.500 entradas aínda sen coñecer os nomes das bandas que participarán no festival do 2017.
“É algo que nunca pasara antes no festival, e é todo un orgullo e un fito na nosa historia. Sen dúbida, todos temos ganas desta nova edición e esperamos poder anunciar as primeiras bandas do festival axiña”.
As entradas continúan á venda na web do festival e o prezo actual dos abonos manterase nos 95 euros ata novo aviso.