Site icon Crónica3.com A Mariña

O Resurrection Fest 2017 xa ten datas: do 5 ao 8 de xullo

As datas para o Resurrection Fest 2017 serán o 5, 6, 7 e 8 de xullo.

Este capítulo número 12 da nosa historia será un novo desafío para o Resurrection Fest e sen ningunha dúbida poderase esperar de novo un gran cartel, variado e especializado en todos os estilos de metal, rock, punk, e hardcore, nun dos mellores recintos e localizacións de toda Europa, e cun ambiente inmellorable.

“O noso obxectivo é que o Resurrection Fest sexa moito máis que un festival, que sexa unha experiencia única e irrepetible para todos vós. Queremos que pasedes connosco a mellor semana do ano coa mellor música e queremos que poidades seguir escribindo unha historia connosco. Pola nosa banda, seguiremos mellorando todos os aspectos do festival, ampliando a Resurrection Fest City con máis contido e actividades, e así seguir construíndo o festival ao que nos gustaría asistir como público”.

O martes 27 de setembro ás 10.00 horas poranse á venda os primeiros abonos do festival, Resucamp e Pandemonium.

Exit mobile version