Site icon Crónica3.com A Mariña

O Valadouro celebra a XXIX Feira do Mel entre o 7 e o 8 de outubro

A Concellaría de Cultura do Concello de Valadouro informa do programa definitivo da XXIX Feira do Mel do Valadouro que se desenvolve como é habitual o segundo sábado do mes de outubro, o 8 concretamente.

Pero o 7 de outubro xa hai actividades previas. O Consello Regulador de Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia da unha conferencia no CEIP Santa María de Ferreira de Valadouro ás 11.00 horas co título O doce mundo do mel en Galicia.

Tamén o 7 de outubro hai a presentación Oficial do Caderno nº VI do SEVA (Seminario de Estudios do Valadouro) co nome “INTRODUCCIÓN Á APICULTURA” de Gonzalo Calvo Díaz, veterinario da Asociación Galega de Apicultura. Esta presentación terá lugar nas dependencias da Casa da Cultura do Concello de Valadouro ás 11.00 horas.

O sábado 8 de outubro ten lugar a apertura da Feira do Mel na céntrica rúa Andrés López Palmeiro desde as 10.00 horas da mañá con postos de mel, artesanía e obradoiro de velas. Ás 11.30 horas contaremos coa pasarrúas e actuación da AC Amado Lar. Presentación do caderno nº VI “Introducción á apicultura” de Gonzalo Calvo Díaz en colaboración co SEVA.
Ás 13.00 horas, degustación de freixós con mel, un dos momentos de máis aceptación polo público asistente á Feira.

Finalmente, sorteo entre os asistentes dun lote de produtos e clausura da Feira.

Exit mobile version