Mondoñedo 6-9-16. Nava Castro, quen exerceu de directora da axencia autonómica de Turismo e actual candidata ao Parlamento de Galicia interveu esta mañá, xunto á presidenta provincial do PPdeLugo, Elena Candia, nun foro sectorial no que participaron preto dun centenar de profesionais.
Nava Castro apostou por seguir creando produtos turísticos que permitan a desestacionalización dos que nos visitan, con reclamos tan importantes como a praia das Catedrais, o Camiño do Norte ou a nosa gastronomía, posto que son atractivos todo o ano
Candia asegurou que estas cifras deixan claro que a liña iniciada hai oito anos vai dando os seus froitos e apuntou a importancia de continuar cun goberno estable para seguir crecendo como un destino turístico ordenado, de calidade e que en torno a el continúen creándose moitos postos de traballo
Ambas salientaron a importancia de declaración como a de Patrimonio da Humanidade do trazado Norte do Camiño de Santiago e da Catedral Basílica de Mondoñedo, “que supuxo un antes e despois” no que respecta á promoción turística internacional da Mariña