Site icon Crónica3.com A Mariña

Óscar Buján, segundo na III Media Maratón Ribadeo – As Catedrais

lou-ribadUn bo número de participantes do Club Atletismo Lourenzá achegábanse este sábado 10 de setembro á III Media Maratón Ribadeo – As Catedrais: Marcos Rodríguez, Luís Graña, Alex Villalba, Moisés Iglesias, Marisa Ares e Vanesa Larriet que se atreveu con esta esixente proba e finalizouna tan só despois de participar en dúas competicións populares anteriores (Varres e Benquerencia) de 5 e 7 km, respectivamente, trala súa recente incorporación ao club.

O club atletismo LOURENZÁ deixouse ver no podio desta proba grazas a ÓSCAR BUJÁN que cun tempazo de 1 hora 16 minutos 15 segundos se coaba en meta segundo da xeral, detrás do coñecido atleta Carlos Villamor obtendo así dous trofeos, un como segundo absoluto e outro como segundo sénior.

Espectacular tamén MARCOS RODRIGUEZ, que entraba no posto 20 da xeral absoluta que reuniu a máis de 900 atletas anotados e cun tempo de 1hora 25 minutos e 08 segundo, convertíase no quinto mariñán en entrar en liña de meta.

Moi ben tamén o resto de compañeiros que lograron terminar a proba en menos de 2 horas. Así coma a activa colaboración de membros do club que, pese a non disputar a proba, desprazáronse ata varios puntos do percorrido para dar ánimos aos compañeiros participantes.

Exit mobile version