Site icon Crónica3.com A Mariña

Paco Nogueiras presenta “Brinca Vai! de aquí a acolá” en Burela

p-nogueirasA Biblioteca Pública Municipal de Burela, dentro do programa de Ler Conta Moito, que a Secretaría Xeral de Cultura puxo a disposición das bibliocas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas Galegas, presenta o espectáculo “Brinca Vai ! de aquí a acolá” do artista Paco Nogueiras.

Brinca Vai! de aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro CD Brinca Vai! , editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

Acompañade ao músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina” nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samaín, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e de pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma se sorriso.

A liberdade creativa á a principal característica das composicións escritas e interpretadas por Paco Nogueiras cun amplo abano de estilos e contrastes, dende o techno ao rock, pasando polo reggaae ou a música electrónica, con influencias tradicionais. Co obxecto de achegar a tradición á actualidade mediante ritmos e estéticas comtemporáneas, as cancións tratan sobre temas incluídos no currículo escolar: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares.

O concerto terá lugar no auditorio da Casa da Cultura o sábado, 1 de outurbro, ás 18.00 horas. A entrada será libre. Agardamos que nos acompañedes neste fascinante espectáculo.

Exit mobile version