Site icon Crónica3.com A Mariña

Porque Rita fai cousas

Berraban como tolos. “Rita querémoste” un público enardecido alenta o mitin de Rajoy en apoio de “a miña amiga, Rita, orgulloso de ser o seu amigo”, “Rita, a mellor alcaldesa de Valencia, e de España”, “Porque Rita fai cousas”. Nin tanto que as fai, boas e malas como todo o mundo, en vinte e catro anos á fronte dunha alcaldía dan para facer moitas cousas, ata para financiarse as campañas con fondos de procedencia tan irregular que a conduciron a sentarse como presunta no banquiño penal do Tribunal Supremo por blanqueo de capitais e contrataciones irregulares. E, é que parece que Rita, como os seus colaboradores e amigos políticos máis próximos, tamén fixo cousiñas malas. A investigación impútaa nada menos que uns 317.000 euros en recaudación por donaciones anónimas para o partido entre os anos 2002 e 2014. Aí é ná.

En terquedad Rita supera con fartura ao seu amigo Rajoy. Pégase ao asento con SuperGlu mentres haxa alpiste pero abandona o barco si vai a pique. Cando perdeu a alcaldía nin sequera recolleu a acta de concellala, saíu fuxindo ao Senado, onde segue pertrechada malia non ser xa do Partido Popular que a colocou para que fose aforada ante a amenazante tormenta xudicial. Agora, ao soldo que cobra sumará o do Grupo mixto e chegará a 7.000 euros mensuales. Xa foi a alcaldesa que máis cobraba de España, 156.000 euros en 2013.

Estas cousas que fai e fixo Rita, e tantos outros, están queimando aos mozos cachorros do Partido Popular que non entenden por que tanta condescendencia ante tamaños desmans das altas figuras do seu partido. Coa inxenuidade e idealismo propio da mocidade non queren ver o perigoso que é cabrear a un corrupto que ameaza con tirar da manta e deixar en coiros a outros moitos durmientes acazapados e rezando virgenciña, virgenciña, porque a ver que se creron, que tanta publicidade, tantos medios de difusión e tanta farándula son gratis. Véxase como negociaron co seu proscrito Bárcenas a retirada da denuncia polo borrado de ordenadores, véxase como canta por mallorquinas, Jaume Matas para salvar o seu cu. Testemuñas sorpresa, chivatazos, escoitas, como nun campo de minas as ameazas atenazan por todas as partes ao Partido Popular, hai que ir con pés de plomo e non cabrear aos imputados, mellor aconsellarlles que sexan fortes.

OTERO REGAL.

Exit mobile version