Site icon Crónica3.com A Mariña

Portas abertas sobre baile galego en Celeiro

A ACD Penalba – Colectivo Chilindrín organiza unha xornada de portas abertas o venres 7 de outubro na Casa do Forno para dar a coñecer o baile galego. O grupo de danzas e gaitas Nova Semente de Celeiro convida a acudir a todos aqueles que queiran participar nas actividades. Tamén se poden por en contacto coa asociación a través do enderezo electrónico colectivochilindrin@gmail.com.

Exit mobile version