Site icon Crónica3.com A Mariña

Queixas de pacientes e profesionais polas obras en varios centros de saúde da Mariña en horario de consultas

Pacientes e traballadoras dos Centros de Saúde de Ribadeo e o Valadouro manifestan achegan queixas polas obras que se están levando a cabo nos respectivos Centros de Saúde en horario de mañá e que impiden realizar a actividade asistencial con normalidade e poñendo en risco a seguridade de pacientes e profesionais.

Desde CIG Saúde entenden que ditas obras deben realizarse fora do horario de consultas para minimizar as molestias no desenrolo da actividade asistencial sanitaria.

Afirman que utilizar a sanidade en plena campaña electoral é unha indignidade que non se merecen os enfermos, os profesionais do Sergas nin a veciñanza da Mariña.

“Feijóo debe saber que a xente sabe que a está enganando, que baixo a figura de bo xestor está a enmascarar simplemente, propostas de carácter electoralista e non cremos que a xente se vaia a deixar comprar por unha batería de obras anunciada en metade da campaña electoral”, afirman.

Para o sindicato nacionalista estas medidas de Feijóo indican unha vez máis a incapacidade dun gobernante que utiliza o diñeiro público para pagar a súa campaña electoral e que non dan resposta aos problemas principais nos Centros de Saúde da Mariña como as listas de espera, a deficitaria atención pediátrica, a amortización de prazas de profesionais da saúde e a precarización das condicións laborais.

Exit mobile version