O rexedor municipal explicou : “acercámonos ao colexio de Cervo para ver unhas obras que se acometeron durante este verán. Fomos acompañados de representantes da asociación de nais e pais (ANPA) e tamén da dirección do centro para ver estas obras, que consistiron en arranxar dous baños de Infantil deste colexio de Cervo e o seu custe foi duns 10.000 euros, dos cales a metade foi aportada pola propia ANPA e outra foi sufragada con fondos do Concello. Esta obra no seu momento comprometémonos entre todos a tela rematada antes de empezar o curso escolar, como así foi”.
Alfonso Villares engadiu que “esta obra redunda nesa aposta que estamos a ter desde este Concello, xunto coas distintas asociacións educativas do municipio, para reforzar as instalacións educativas que temos. Neste caso trátase de obras no colexio de Cervo, como tamén levamos feito no CEIP Cervo Número 1, que está situado en San Ciprián, e tamén obras que se están a acometer no instituto Marqués de Sargadelos. É unha aposta que entendemos desde o Concello de Cervo que hai que ter coa educación e que a referendamos con obras e tamén con distintas axudas, das que xa informamos en días pasados”.