Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematan as obras de reforma dos vestiarios do pavillón municipal de Xove

vestiarios-paviNestes intres estase a perfilar unha nova temporada deportiva no noso Concello. As asociacións e os clubs deportivos de Xove, federados ou non, están traballando no calendario de actividades para esta vindeira tempada 2016-2017. As actividades dunha boa parte dos nosos clubs desenvólvense no Pavillón Municipal de Deportes, o cal, dende hai uns anos está sendo obxecto de importantes obras de mellora e reforma para adecualo aos tempos actuais. Estamos a falar, ademáis, dunha instalación que está perto de cumplir 30 anos, que usada moi intensamente ao longo de todo o ano, co desgaste que isto supón.

Dende o Concello, e atendendo á demanda das nosas asociacións e clubs, procedeuse á REFORMA, ACONDICIONAMENTO E MELLORA DOS VESTIARIOS UBICADOS NA PLANTA BAIXA E PLANTA ALTA DO PAVILLÓN. Para realización destas obras de mellora aproveitouse os meses estivais, co fin de non interrumpir ningunha competición e para que as asociacións e clubs poidan comezar a tempada sen contratempos, coas instalacións municipais en perfecto estado de revista.
A reforma dos vestiarios foi completa, cambiándose suelos, alicatados das paredes, portas interiores, mobiliario e o equipamento propio (grifos, inodoros, duchas,…).

O investimento total desta obra foi de 42.324,42 €uros.

En definitiva, reformas que actualizan e completan os distintos espazos do Pavillón e que, sen dúbida, van contribuir a unha mellora no seu uso por parte de tódolos usuarios.

Exit mobile version