Site icon Crónica3.com A Mariña

Repertorio futbolístico de luxo no I Torneo de Fútbol Sala Burela Bonita

pres-torneo-burelaboO consistorio burelao acollía este mércores a presentación oficial do Torneo de Fútbol Sala Burela Bonita, que reunirá entre o venres e o sábado en Vista Alegre un repertorio de luxo; o acto contou coa presenza do alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes e Turismo, Ramiro Fernández, xunto ao presidente do Pescados Rubén-Burela FS, Manuel Blanco. A cita servirá de posta de longo do equipo laranxa 2016-17 de Primeira LNFS, que se dará a coñecer ante a súa afección coas novidades de Joan Miñano e Cuco, xunto ao campión de campións Movistar Inter, o revelador Palma Futsal e o outro representante irmandiño do futsal de elite, Santiago Futsal.

“Para Burela é un privilexio ter un cartel deste nivel, un dos mellores de España; esta fin de semana Vista Alegre reunirá o mellor fútbol sala de Primeira. Este tipo de eventos son unha gran proxección para difundir o nome de Burela e nesta liña seguiremos colaborando co club en todo o que podamos” explicaba Alfredo Llano desde o Concello de Burela, como coorganizador do cuadrangular xunto á entidade laranxa. Pola súa banda, Manuel Blanco, agradeceu a colaboración tanto desde o consistorio como desde outras institucións e empresas privadas e animou a afección a gozar do emocionante espectáculo que vivirá a Bomboneira. “Saltarán á pista o actual campión de Liga e Copa de España, o Palma como un dos máis fortes da liga pasada e os dous representantes galegos de Primeira; a afección gozará ao grande”, concluía o presidente laranxa.

Entradas
Para os socios/as habilitarase un único bono para os catro encontros, 10 euros/adult@ e 5 euros/menor de idade. Os non socios/as deberán adquirir unha entrada por cada xornada ao prezo de 10 euros/adult@ e 5 euros/menor de idade por día.

Venres 30 de setembro
19.00 horas. Semifinal 1: Movistar Inter FS-Palma Futsal
21.00 horas. Semifinal 2: Pescados Rubén Burela FS-Santiago Futsal

Sábado 1 de outubro
19.00 horas. 3º e 4 POSTO: Perdedor Semifinal 1-Perdedor Semifinal 2
21.00 horas. FINAL: Gañador Semifinal 1-Gañador Semifinal 2

Exit mobile version