Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo lanza A Chocolateira: o seu propio proxecto innovador de búsqueda de emprego

O nome do programa A Chocolateira, responde ao nome da locomotora do tren de Vilaodriz, que foi un dos factores de desenvolvemento da nosa contorna, é por elo que queremos facer referencia pola súa significancia e a súa relación alegórica cos obxectivos deste programa.

A Chocolateira é un programa de innovación social para a busca de emprego a través da creación dun entorno colaborativo e apoio mutuo e que busca aflorar o talento individual e grupal das persoas participantes.

Con este proxecto preténdse xerar procesos capaces de empoderar as persoas e ao colectivo, incrementando a súa capacidade na toma de decisións, na súa autonomía, elevando os niveis de confianza, autoestima e capacidade de responder as necesidades, a xerar positivismo e poder de cambio nas persoas e colectivos adaptados a súas necesidades.

A innovación e a tecnoloxía serán outros dos eixes fundamentais entorno aos que xirará o proxecto.

A Chocolateira quere promover a adquisición de habilidades sociais e competencias básicas e dixitais das persoas, poñendo en valor o seu talento e iniciativa para mellorar a súa situación persoal e da contorna que as rodea.

“Queremos que as persoas sexan capaces de construirse e reconstruise a sí mesmos, de sair adiante.”

O programa terá unha duración de 3 meses.

Exit mobile version