Site icon Crónica3.com A Mariña

Salto do Coro pon en marcha as Escolas Deportivas en Mondoñedo

A Asociación Salto do Coro de Mondoñedo inicia o seu traballo de escolas deportivas en todas as súas categorías e deportes desde esta semana. A Asociación oferta fútbol-salga en categorías pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil; baloncesto a nivel escolar; tenis de mesa desde as categorías benxamín a cadete; bádminton en categoría benxamín e alevín; dúatlon e atletismo en todas as categorías.

Para consolidar o proxecto que se empezou o ano pasado, a Asociación asinou acordos co Concello de Abadín, co club Tripenta de Lugo, co Casino de Mondoñedo. Espera en breve poder asinar un acordo de formación cun club de atletismo de Lugo e así poder ofertar unha gran formación aos seus alumnos.

Este ano farase unha renovación total de equipamentos.

Exit mobile version