Site icon Crónica3.com A Mariña

Señores políticos

En menos dun ano acudimos en dúas ocasións ás urnas para elexir a quen goberne España durante a próxima lexislatura. Pero en ámbalas dúas eleccións a formación de goberno foi fallida (non é momento de explicar o por qué). Pero eu volto ó de sempre, ¿eses señores que se adican á política son conscientes do que significa representar ós cidadáns que lles confiaron o seu voto? ¿Dánse conta da cantidade de españois que mal viven con subsidios de apenas catrocentos euros ó mes?

O marxe de partidos, cores ou siglas políticas eu creo que non queren darse conta do mal que o está a pasar a cidadanía. Os discursos que se escoitaron en calquera das dúas derradeiras sesións de investidura non convencen a ninguén. O pobo está farto de que o ameacen cos consabidos recortes económicos a pensionistas, funcionarios, educación, sanidade, e demáis. Os señores políticos cobran sustanciosos emolumentos económicos (algúns por durmir no parlamento, outros por non asistir ás sesións e outros por xogar cos aparatos electrónicos que lles pagamos os españois da pé); estas personas que din buscar o mellor para nós incrementan o seu elevado soldo participando en distintas comisións nas que nunca se chega a ningún acordo, teñen de mañeira gratuita un elevado número de servicios dos que a maioría dos votantes (que sí os teñen que pagar) non teñen coñecimento de que lles señan dados e as súas pensións son vitalicias.

No mes de septembro, no que todos os pais temos que desembolsar una importante cantidade económica para pagar os libros dos nosos fillos, canseime de escoitarlles dicir ós políticos que en España a educación pública é gratuita ¿en dónde?. A Constitución Española así o estipula pero non é verdade. Eu polo libro máis económico que merquei para os meus fillos por unha sola asignatura foron trinta e oito euros, sumen a esto que a asignatura teña varios libros, e eleven a cantidade do precio según cales qué e multiplíqueno polo número de asignaturas. Non fai falla ser matemático para darse conta de que como mínimo falamos de catrocentos euros, sen contar material escolar. E, por favor, non se corten, xa postos, se os seus fillos van á universidade, cuyas matrículas e tasas son altamente abusivas e o coste dos libros nesta etapa e impresionante, miren de hipotecarse porque senon ¿cómo imos manter os fillos na etapa de preparación anterior ó traballo?. ¿Tal vez interesa que os xóvenes non se preparen adquirindo coñecimentos? A educación é cultura, e un país que non fomente iso non ten futuro.

Nesta España na que vivimos os políticos non se dan conta de que os gastos de estudios na maioría dos casos están asumidos polos avós, ¿e quén non os ten non estudia? Se me intentan falar das becas direi que son un “enganabobos” porque moi poucos estudiantes, a pesares de teren boas notas chegan a ellas. Pobres avós, que pagaron toda unha vida para vivir sen preocupacións a súa xubilación, agora teñen que manter fillos no paro e netos estudiantes sacando cartos das ventas dos poucos recursos que poideron aforrar durante tantos anos. Ou exquilmando as súas excasas pensións para aportar os cartos necesarios para que os seus netos poidan acceder á educación queles non tiveron e que os seus pais non lles poden procurar por atoparse no paro ou hipotecados. Estos maiores teñen que facer tantos números para chegar a fin de mes que si pensan en pagar a farmacia, non comen ou viceversa; e adican parte da súa precariedade a axudar a fillos e netos sen poder disfrutar con ledicia da paga pola que tanto loitaron.

Falar de educación pública gratuita nun mes no que a maioría das familias españolas teñen que empeñarse para pagar os libros cos que poder dar aos séus vástagos unha educación digna e vestilos de cara ó inverno paréceme unha falacia, como moitas máis cousas das que falan os señores políticos sen darse conta da verdadeira gravidade da situación actual.

Un pobo sin educación é manipulable: a educación é un dos Dereitos fundamentáis que os políticos negan ós nosos fillos; tamen o é o comer, o ter unha vivienda digna, unha vellez tranquila e serena, ….pero todo esto non interesa. E millor mirar para outro lado; prometer en campaña electoral, e logo esquencer o prometido. ¿Cántos anos máis podremos sobrevivir así?

Rhodéa Blasón

Exit mobile version