Site icon Crónica3.com A Mariña

ServiOcio inaugura unha nova sala que permite ofrecer máis actividades na piscina municipal de Ribadeo

Ribadeo, 27 de setembro de 2016. O grupo Serviocio, compañía galega dedicada á xestión de instalacións deportivas desde hai máis de 20 anos, inaugurará este venres, día 30, unha nova sala que permite ofrecer máis actividades nas súas instalacións da piscina municipal de Ribadeo, agora coa marca BeOne.

Na nova sala de BeOne Ribadeo, que dispón dunha superficie de 140 metros cadrados, poderanse practicar a partir do próximo mes de outubro actividades de tonificación, coreográficas, ciclo indoor, etc. Ditas actividades están dirixidas a todo tipo de público e idades.

Ademais nas instalacións de BeOne Ribadeo renováronse recentemente varias máquinas, por outras de última xeración e coa última tecnoloxía no mundo do fitness.

Todas estas novidades permiten ofrecer máis servizos e en mellores condicións aos usuarios das instalacións de BeOne Ribadeo. Ademais, para aqueles que prefiran a piscina, BeOne renovou a grella das actividades acuáticas con novas e entretidas clases.

A implantación da marca BeOne vai máis aló dun cambio de nome comercial, pois supón unha evolución nos protocolos de traballo e no servizo aos socios cara á innovación e personalización. O responsable do Grupo Servizo/BeOne, Roberto Ramos, explicou que o obxectivo é “conseguir que as persoas que acoden aos nosos centros sintan que queren estar neles, que alí atopan o que buscan: actividade física, saúde e benestar”.

O investimento realizado polo GrupoServiocio/BeOne en Ribadeo na nova sala e na maquinaria adquirida ascende a 150.000 euros.

Exit mobile version