Site icon Crónica3.com A Mariña

Terra-Mar organiza unha festa na honra de San Cibrao

pres-festa-sanciCervo, 8 de setembro de 2016. San Cibrao acollerá unha xornada de festa na honra do seu patrón o día 26 deste mes, luns. Está organizada pola asociación Terra-Mar coa colaboración do Concello, que sempre está aberto a axudar a todos os colectivos do municipio.

O cartel do festexo na honra de San Cibrao, o patrón desta localidade, foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares, a concelleira Pilar Armada e dous directivos da asociación Terra-Mar.

Os actos do día 26 comezarán ás 13.00 horas cunha misa cantada pola coral Terramar na capela de San Ciprián, ás 14.30 horas empezará un xantar nunha carpa que estará instalada na Praza dos Campos e a partir das 17.30 horas haberá baile amenizado por un grupo musical.

Exit mobile version