Site icon Crónica3.com A Mariña

Téxtil, turismo, alimentación e servizos son algúns dos sectores polos que apostan os proxectos emprendedores do coworking de Mondoñedo

O téxtil, o turístico, o alimentario ou o de servizos son algúns dos sectores polos que apostan os emprendedores seleccionados para o coworking que vén de ser activado en Mondoñedo e que recibiu este xoves a visita do director do Igape.

Javier Aguilera mantivo un encontro cos promotores dos 19 proxectos seleccionados neste espazo coworking instalado na sede da Fundación Comarcal, que tamén impulsan ideas empresariais en outras actividades económicas como o envasado de produtos da zona, a produción de leite ecolóxica ou os servizos especializados en arquitectura e rehabilitación.

Os promotores dos proxectos seleccionados dispoñen, no marco do convenio de colaboración entre a Xunta, a través do Igape, e a Escola de Organización Industrial (EOI), de servizos de formación e asesoramento adaptados ás peculiaridades das ideas de negocio que apostan por desenvolver.

No marco de colaboración entre o Igape e a EOI para aceleración de proxectos empresariais poderán participar en total, durante os dous próximos anos, máis dun milleiro de persoas con vocación emprendedora en toda Galicia, nas seis novas aceleradoras de emprendemento que veñen de activarse nas localidades de Ferrol, Cabana de Bergantiños, Monforte, Celanova e Xinzo, ademais de en Mondoñedo. Os obxectivos principais son fomentar o emprendemento sobre o territorio e incrementar as posibilidades de éxito dos novos proxectos empresariais.

En cada unha das sedes de coworking desenvolveranse 4 edicións sucesivas que durarán 5 meses cada unha e que poderán acoller, en cada caso, entre un e tres emprendedores por cada un dos proxectos previamente seleccionados para cada edición, que serán un máximo de 22, para que o labor de asesoramento poida ser personalizado e axeitado para cada tipo de proxecto emprendedor.

Exit mobile version