Site icon Crónica3.com A Mariña

Tino García pide o arranxo do alumeado en Covas e da fonte de Forxán en Valcarría

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

1º) Algúns veciños da rúa Pedregal da parroquia de Covas queixanse da falta de alumeado público, en concreto do farol situado a carón da vivenda número 18 que xa leva meses sin funcionar, o que provoca que unha amplia zona quede sin iluminar. Dado que o goberno local xa ten coñecemento desta situación dende xa fai meses e polo que unha vez máis lles ROGAMOS que solucionen esta situación a maior brevidade posible.

2º) A fonte de Forxán en Valcarría leva xa varios meses manando moi pouca auga por un dos seu dous canos. Por esta razón varios veciños desta zona se dirixiron o noso grupo para trasladarnos o seu malestar, dado que aínda que o puxeron dende fai tempo en coñecemento do equipo de goberno local nada se fixo e a día de hoxe a situación vai a peor, manando unha cantidade mínima de auga.

Por este motivo ROGAMOS ó equipo de goberno local que revise dita fonte a maior prontitude posible para dar solución a esta falta de auga, ó tempo que aproveite para analizar dita auga e ver si é apta para o consumo das persoas.

Exit mobile version