Burela, 9 de setembro de 2016. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello burelés impartirá 3 novos cursos nas vindeiras semanas.
O 16 de setembro dará comezo un curso de Procesador de Textos, dirixido a persoas con coñecementos básicos de informática. Con esta actividade amosarase a crear todo tipo de documentos de texto a través do programa libre Writer, incluído no paquete ofimático LibreOffice. Dita actividade impartirase de luns a venres de 10:30 a 12:00 horas, finalizará o día 29 deste mes e súa duración será de 15 horas.
O 19 de setembro darán comezo 2 cursos: Iniciación á informática e Pasa as túas cousas do smartphone ao computador e viceversa.
No curso de Iniciación á informática amosaranse os conceptos básicos do manexo dun computador, tales como crear carpetas e documentos, copiar, cortar, pegar, etc… Esta actividade impartirase de luns a xoves de 16:00 a 17:30 horas, contará cunha duración de 12 horas e finalizará o día 29.
O curso Pasa as túas cousas do smartphone ao computador e viceversa impartirase do 19 ao 22 de setembro. A duración desta actividade será de 6 horas e o seu horario será de 18:30 a 20:00 horas. Con este curso, os asistentes aprenderán a pasar os seus arquivos (fotos, vídeos, cancións, …) do móbil ao computador e viceversa.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.gal.