Site icon Crónica3.com A Mariña

Un motorista perdeu a consciencia tras bater cun coche en Viveiro

Un motorista resultou ferido despois de bater contra un coche en Viveiro. O accidente produciuse ás 16:30 horas deste sábado na Rúa Canta Rana. A persoa que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda asegurou que o motorista estaba tendido no chan inconsciente.

Pola súa banda, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos servizos sanitarios de urxencia, aos Bombeiros de Viveiro e aos axentes de seguridade.

Exit mobile version