A historia é ben sinxela. A finais de decembro de 2015 houbo unhas Eleccións Xerais co seguinte resultado: Partido Popular, 123 escanos; Partido Socialista Obreiro Español, 90; Podemos, 42; Cidadáns, 40. Estes catro comediantes foron incapaces de formar goberno. Así que houbo que repetir as eleccións, co despilfarro que iso supón. Desta forma, en xuño de 2016 celebráronse os novos comicios, obtendo 137, 85, 45 e 32 escanos respectivamente. Aseguran que un Parlamento así formado é ingobernable. Desprezan pois, ata por dúas veces, a decisión do pobo. Agora propoñen que se celebren unhas terceiras eleccións en ¡¡Nadal!! Debe ser por iso que din que somos un país de pandereta. Aínda que agora os nosos comediantes queiran cambiar a data, é tarde. O ridículo é, e será, maiúsculo. Si tralas primeiras eleccións encerrásemos a estes comediantes no circo, a pan e auga e sen cobrar ata que formen goberno, asegúrolles que antes da hora para comer e si me apúran antes do aperitivo, xa teriamos un goberno constituído.
É evidente, que ningún destes comediantes vendepatrias ten o máis mínimo interese en solucionar os problemas que apuran aos cidadáns. Quedou demostrado que o seu único interese é a poltrona. O noso traballo era votar e fixémolo. O seu é formar goberno e lexislar. E non saben. Ou o que é máis perigoso, non queren. Que non nos tomen máis o pelo. O interesante dun parlamento é o diálogo entre varios grupos, non aplicar o rodillo para elaborar leis que só benefician ás súas esbirros. Ou intentar enchufarlos no Banco Mundial, que é o mesmo. Aínda que recoñezo que o maior problema é noso. Dos cidadáns. Que seguimos pagando os nosos impostos e consentíndolles todos os seus caprichitos de novos ricos. E o que é peor, xustificando aos nosos, coma se a culpa deste circo fóra só dos outros tres comediantes. Lamento informarlles que todos son culpables. Todos. Nós incluídos.