Site icon Crónica3.com A Mariña

V Roteiro Amigos de RegalXunqueira: Burela – Foz

Os amigos de RegalXunqueira realizarán o sábado 1 de outubro o seu quinto roteiro. A saída está prevista para as 09.00 horas dende a estación de autobuses de Viveiro para chegar á de Burela onde comezará a camiñata ata Foz. O percorrido, de preto de 16 km, pasa pola Areoura, O Cantiño, a Granda de Canel, Ponte da Salgueiriña, Cangas, Igrexa, San Pedro e despois de cruzar o río Alemparte, Os Xuncos, Nois, As Polas, Igrexa de Nois, Porto, Escaleiriña, Praia de Arealonga, Castro de Fazouro e Fazouro. Será preciso cruzar o río Ouro pola ponte de ferro para chegar a Forxán, a praia de Peizás, a praia de Llas e, finalmente, Foz. Tralo xantar, a volta á casa será en ferrocarril. Non é preciso ser socios para participar. Con todo, recoméndase levar bocadillo e algo de beber para o camiño, ademais de crema para o sol.

Exit mobile version