A Asociación Pasada das Cabras de Burela e a de Terras de Lourenzá realizarán o vindeiro sábado 8 a 10ª Etapa do Camiño Norte de Santiago dende O Castro a Arzúa de 17 quilómetros. O prezo será de 20 € para os socios e de 25 para os que non o son e inclúe autobús, comida e seguro. A saída está prevista para as 08.00 horas da Estación de Autobuses de Burela. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves 6 ás 20.00 horas.