É o primeiro caderno que edita o SEVA na área de Natureza, pois os cinco anteriores eran de Arte (2) e de Sociedade (3). No acto interviron Eduardo Chao, Concelleiro de Cultura do Valadouro; Pepe Peinó, Presidente do SEVA, e o propio autor, Gonzalo Calvo. Durante o acto o gaiteiro Alejandro Cao, do grupo “Amado Lar” e 3º Clasificado no pasado Concurso Músico Vocal “Arcadio Mon” interpretou tres pezas con gaita.
Por outra banda, ao día seguinte da presentación o SEVA participou tamén na Feira do Mel de Ferreira poñendo un stand onde os visitantes puideron adquirir os diversos cadernos editados. Diante do stand do SEVA déronse varios discursos relacionados coas abellas e co Caderno 6 editado polo SEVA.
Falaron o Concelleiro de Cultura, Eduardo Chao; o Presidente do SEVA, Pepe Peinó, e dous apicultores: Noé Fernández, membro da recentemente constituída asociación apícola coñecida como “Amigos das abellas do Val”, e Antonio Valea, membro da tamén asociación apícola “Os Abelleiros” de Ribadeo.