Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Cultural O Pasatempo de Mondoñedo celebra este sábado un Magosto popular na Plaza do Concello de Mondoñedo.

Desde as 20h, as castañas asadas serán as protagonistas dunha festa onde non faltará o viño e o chocolate para os máis pequenos, que pola tarde terán o seu Samaín particular da man da Asociación Xuvenil Xoldra. Ademais, a Asociación Gaita Escola de Mondoñedo acompañará coa súa música a actividade.

Exit mobile version