Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Artes Marciales Orientales da Mariña participaba no Encontro Inter Autonómico Anual

Burela, 17 de Outubro de 2016 – Durante a fin de semana celebrouse en Medina del Campo o encontro que concentrou a compoñentes de diversas Artes Marciais para a celebración do Encontro Inter Autonómico Anual.

Como ven sendo habitual, os compoñentes da Asociación de Artes Marciales Orientales da Mariña, co Mestre Miguel A. Rojo á cabeza, asistiron en representación da nosa comarca, así coma tamén se achegaron dende outras partes de Galicia, coma por exemplo dende Lugo ou Coruña. Tamén, ao curso achegaronse dende outras partes do país coma os da propia Castela e León, Asturias, País Vasco, Madrid, Extremadura, Baleares, mención especial á asistencia de dúas practicantes chegadas dende China que unha vez máis puxeron a nota exótica e que dan boa medida do poder de convocatoria que estes cursos teñen. A fin de semana foi intensa xa que practicouse TaiJitsu, modalidade de Defensa Personal, Iaido, arte do desenvainado da katana, Artes Marcíais estes dous que chegan dende Xapón. Tamén tivo lugar neste encontro para a practica da Arte Marcial que provén dende China coma é o TaiChi ou TaiJi Quan. Neste eido, cabe destacar o papel realizado polos nosos mariñanos, xa que o Mestre Miguel A. impartiu as tres disciplinas en calidade de 4ºDan TaiJitsu, 3º Dan Iaido e 5º Dan e Director nacional de TaiJi Quan. Ademáis tamén se examinaron tres compoñentes da expedición mariñana, acadando o cinto negro nesta modalidade de TaiJi Quan, dous 1Dan e un 3Dan, co que a fin de semana foi perfecta para os nosos, e dende aquí amosámoslles a Joel, Héctor e Abraham a nosa máis sincera felicitación por simplemente acadar este novo nivel, que non é, senón, o dedicarlle cada día ao esforzo e a practicar.

En palabras de Miguel A. tras os exames de cinto negro, “Ha sido un gran trabajo y el Tribunal está muy contento por el nivel demostrado, que mejora año a año” do mesmo xeito ao concluir o curso tamén manifestou a sua gratitude polo esforzo e a tesón posta tanto pola organización coma polos asistentes “A pesar del intenso fin de semana y el cansancio, estoy realmente satisfecho, y es que es realmente gratificante ver como el nivel sube y como tanto profesores como alumnos se esfuerzan por aprender, compartir y divulgar nuestras disciplinas”.

Exit mobile version