Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CeMIT de Burela impartirá dous novos cursos dende o 24 e o 25 de outubro

Burela, 17 de outubro de 2016. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela iniciará dous novos cursos.

O 24 de outubro dará comezo o curso Creación de Blogs dirixido a persoas con coñecementos básicos de internet. Con esta actividade amosarase a crear un blog no servizo gratuíto de google Blogger, desta forma os asistentes poderán publicar todo tipo de información no seu propio espazo web. Dito curso terá unha duración de 12 horas, impartirase de luns a xoves de 18.30 a 20.00 horas e finalizará o 7 de novembro.

O curso de Iniciación á informática impartirase entre o 25 de outubro e o 8 de novembro. Con esta actividade dirixida a persoas sen coñecementos de informática preténdese dotar aos participantes das destrezas e coñecementos necesarios para manexar un computador dun xeito básico. Este curso impartirase de luns a xoves en horario de 16.00 a 17.30 horas e contará cunha duración de 12 horas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sito Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/ ou enviando un correo á dirección: mailto:cemit.burela@xunta.gal.

Exit mobile version