Ao acto asistiron a alcaldesa de Viveiro Dna. María Loureiro así como o primeiro tenente de alcalde e delegado de Medio ambiente no Concello de Viveiro D. Jesús Fernández Cal, a Xunta Reitora da Comunidade de Montes, presidida por Carlos Méndez Fernández, familiares e amigos de Manuel Soto.
O acto abría coa lectura da acta da asemblea xeral ordinaria celebrada o pasado 17 de xuño onde se recollía o acordo desta para levar a cabo a homenaxe póstuma a D. Manuel Soto Pena.
Acto seguido tomaba a palabra o actual presidente D. Carlos Méndez, que empezou agradecendo a presenza dos asistentes, en nome da Comunidade de Montes San Roque.
O discurso versou sobre os traballos realizados por Manuel Soto na área recreativa do Monte San Roque e na súa contorna, citando entre outros a creación do parque de animais en catividade que é un referente na Mariña Luguesa á que Manuel Soto dedicou tempo tanto á súa creación como á súa conservación e ampliación.
Tamén se falou das situacións difíciles que pasou a área recreativa co paso do Furacán Claus, azoutándoa salvaxemente, causando graves danos, dos que Manuel Soto soubo saír airoso logrando nun tempo récor que a área recreativa volvese ao estado que todos podemos ver e gozar.
Outras obras importantes dentro do mandato do Sr. Soto foron a rehabilitación do Semilleiro sendo hoxe en día un lugar ideal para o goce dun día entre familia ou amigos, citaronse outras moitas obras que aínda sendo de menor magnitude non deixarvos de ser menos importantes, púxose en funcionamento a tenda de recordos de San Roque para que tanto a área recreativa como o propio Municipio coñecésense por todo España e no estranxeiro
Noutra parte do discurso Carlos Méndez falou da persoa de Manuel Soto dicindo “A túa personalidade xamais tivo asomo de arrogancia, porque fuches xente de pobo, entre o que adoitabas confundirte coa disposición coloquial de ter unha linguaxe para cada lugar, para cada momento e para todo tipo de persoas”.
Carlos Méndez dixo que é moi difícil definir a unha persoa cunha soa palabra que se tivese que defenir a Manuel Soto a que elixiría seria UNICO, por ser unha persoa honesta, amable, comprensible e que nunca lle fallou a ninguén.
O discurso rematou xustificando a situación que se elixiu para a placa que ía ser descuberta, dicindo que desde esa localización podíase divisar os lugares que ocuparon un sitio de privilexio na vida de Manuel Soto, estes eran o seu pobo natal Viveiro, o seu campo de futbol, a súa praia de Covas e área recreativa co seu miradoiro no Monte San Roque.
Finalizado o discurso entonouse o Himno do Antigo Reino de Galicia, con gaita galega e procedeuse ao descubrimento da placa conmemorativa, acto que realizou a súa viúva Dna. Elvira Martínez.