O Presidente, Darío Campos Conde, recibiu tamén aos mozos e mozas do colectivo e destacou a “enorme labor que realizan para dar visibilidade a este tipo de doenzas mentais”.
No acto tamén participaron a Presidenta da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña”, María Iris Castro Meitín; e a Directora Técnica Xeral, María José Novoa Rodríguez; así como un representante do CRPL de Burela, Jorge Machado Rivero; un do CRPL de Ribadeo; Miguel Villarino Mencía, e unha da Unidade Residencial de Cervo, Rebeca Rodríguez Rivas.
Santos Ramos subliñou que “hoxe conmemoramos o Día Mundial da Saúde Mental, unha doenza que cando aparece, cambia por completo a vida das persoas que a sofren, mais tamén de todos os seus seres queridos; así como para presentar unha nova edición da revista AGARIMO, unha publicación chea de agarimo e ilusión”.
O Vicepresidente apostou por “centrar os nosos esforzos en todo o que nos une, que é moito, e non nas pequenas diferenzas que particularmente teña cadaquén, pois se non apartamos estes matices, non poderemos medar en colectivo”.
Neste senso, o Vicepresidente destacou que en España, calcúlase que ao redor do 3% da poboación, é dicir, preto dun millón de persoas, teñen algún problema de saúde mental, como esquizofrenia ou trastornos bipolares; e que hai cerca de 9 millóns de persoas que, potencialmente, poden sufrir unha estas doenzas.
Unha Deputación social
A Deputación colabora activamente cos colectivos sociais da provincia, pese a non ter as competencias lexislativas directas sobre este tema. Así, o organismo provincial achega 16.000 euros, para o servizo de Intermediación laboral, co que se financia contratación dun técnico de emprego. Grazas a este servizo, no ano 2015, producíronse un total de 57 insercións laborais, e a contratación de 34 persoas.
Ademais, a través da TIC da Deputación que ten realizado numerosos traballos audiovisuais para apoiar as iniciativas deste colectivo, sempre dirixidas a mellorar a calidade de vida e a integración sociolaboral das persoas con enfermidade mental. O Vicepresidente informou tamén que a fachada do Pazo de San Marcos tinguirase esta noite de cor laranxa, a cor que representa as enfermidades mentais.