Simón González recibiu un trofeo por parte do titular provincial, unha distinción que vén a recoñecer a súa xesta nunha das competicións deportivas máis importantes da tempada, a Maratón de Chicago, na que participaron máis de 40.000 corredores de todas as idades e nacionalidades.
Campos Conde subliñou que “Simón é un verdadeiro exemplo de superación, o seu recente éxito na Maratón de Chicago é o resultado dunha estrita rutina de adestramentos. Froito do seu sacrificio diario pode presumir de ter participado en tres das carreiras incluídas no circuíto do World Marathon Majors, completando unha destacada actuación en Berlín, Nova York e agora en Chicago”.
Simón González foi o segundo español en cruzar a liña de meta en Chicago, por detrás do madrileño Raúl Fernández Hernández, e o noveno europeo en completar a proba.