A Mariña, 14 de outubro de 2016. A Federación de Comercio A Mariña sorteará 12.000 euros en vales de compra entre os clientes dos comercios asociados na campaña que está a levar a cabo durante os meses de outubro e novembro. O primeiro dos sorteos terá lugar este sábado, día 15, ás oito e media da tarde en Viveiro.
A campaña percorre as localidades de Viveiro, Ribadeo, Foz, Burela, Xove e O Vicedo nas que se sorteará un vale de compra por importe de 2.000 euros en cada unha delas. Os clientes dos establecementos asociados deberán gardar os tíckets das súas compras (mínimo de 10 euros) para poder participar no sorteo.
Esta promoción comezou en Viveiro onde se está a desenvolver do 10 ao 15 de outubro, continuará en Ribadeo entre os días 17 e 22 de outubro, e rematará o mes de outubro en Foz dos días 24 ao 29. No mes de novembro seguirá en Burela dos días 7 ao 12, despois en Xove entre o 14 e o 19, e rematará en O Vicedo do 21 ao 26 de novembro.
O sorteo terá lugar en cada localidade o sábado que remate a campaña, e ese día en horario de 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:30 horas, na carpa instalada pola federación, realizarase o canxe de cada tícket por unha papeleta para poder acceder ao sorteo que terá lugar na propia carpa e de xeito presencial, pola tarde.
Os sorteos celebraranse a partir das 20:30 horas. En Viveiro terá lugar o 15 de outubro no Kiosko dos xardíns Noriega Varela, en Ribadeo o día 22 na rúa San Francisco, en Foz o 29 de outubro na Praza do Concello, en Burela o 12 de novembro na Praza do Concello, en Xove o día 19 na Praza do Concello e finalmente en O Vicedo o 26 de novembro á carón da Casa da Cultura.