Site icon Crónica3.com A Mariña

A Pomba do Arco organiza unha visita guiada ao “Espazo Caritel”

A Asociación Socio Cultural “A Pomba do Arco” organiza o sábado 29 de outubro unha visita guiada ao “Espazo Caritel” un punto de encontro para a arte e a natureza situado á beira da vella Catedral románica de San Martiño de Mondoñedo, promovido e xestionado por un dos máis destacados artistas plásticos galegos, Daniel Río “Caxigueiro”.

O percorrido polo “Espazo Caritel” vai comprender a visita á sala de exposicións e ao taller do propio artista, onde atoparemos unha mostra do seu traballo, así como un paseo polo xardín, cuxa posta en marcha se iniciou vai para 25 anos. Alí atopamos árbores e arbustos chegados de Chile, Xapón, Corea, Uruguai ou Arxentina xunto á vexetación autóctona, destacando unha colección de máis de cen camelias de diferentes especies

As persoas interesadas en participar desta actividade, que estará guiada polo propio Caxigueiro, deberán inscribirse previamente no correo electrónico da propia asociación, apombadoarco@gmail.com ou ben chamando ao telefone 608-555-010. O número de prazas para a visita, que se realizara en horario de tarde, é limitado polo que pregamos que aquelas persoas interesadas se anoten antes do venres 28.

Exit mobile version