Site icon Crónica3.com A Mariña

AD Salto do Coro abre a temporada competitiva co encontro de fútbol sala xuvenil ante o Samos sénior

adsaltocor-samA Asociación Deportiva Salto do Coro inicia a súa actividade deportiva co partido que o seu equipo xuvenil xoga en Mondoñedo contra o Samos FS, equipo senior desta liga. O partido xogarase ás 18.00 horas no Polideportivo Viñas da Veiga.

Son dez equipos os que xogan nesta liga, sendo cinco equipos xuvenís e cinco equipos de categoría senior. A primeira xornada é a seguinte:

XORNADA: 1
CUBELAS FS – TRABADA FS
CD BURELA FS – CONCELLO DE GUITIRIZ
COVIRAN – LUISITALIA
AD SALTO DO CORO MONDOÑEDO – SAMOS FS
BEGONTE FS – O ESTEO FS

A Asociación Deportiva Salto do Coro saca este ano a competición un equipo en cada categoría de formación (pre-benxamíns, benxamín, alevín, infantil, cadete e junior).

O equipo cadete estará adestrado por Pepe e Raúl, sendo delegado deste equipo Juan. Son dez os xogadores que ao final estarán nesta categoría.

A Asociación comunica que aínda está aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades deportivas, podéndose informar no teléfono 605 790 091.

Exit mobile version