Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfredo Llano e Ramiro Rey acompañan ao atleta Simón González á recepción na Deputación de Lugo

bur-simBurela, 26 de outubro de 2016. O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, acompañaron ao atleta burelés Simón González Río no acto de recepción que tivo lugar este mércores na Deputación de Lugo. O fondista participou hai unhas semanas na maratón de Chicago onde realizou os 42,195 quilómetros da proba en 2 horas, 37 minutos e 52 segundos.

Fernández Rey subliñou “o acto de homenaxe ao esforzo deportivo de Simón González por parte da Deputación de Lugo. Estamos satisfeitos por elo e queremos animar, unha vez máis, a este deportista a que siga neste liña, a do esforzo e da superación, para participar en probas tan importantes coma a Chicago”.

Simón González Río foi recibido no pazo de San Marcos polo presidente da Deputación, Darío Campos, e polo responsable da Área de Deportes, Pablo Rivera.

Exit mobile version