Site icon Crónica3.com A Mariña

Aparece o corpo dun ancián flotando no porto de Burela

O cadáver dun home foi localizado esta tarde flotando na auga, nas inmediacións do porto de Burela. Unha persoa chamaba ao 112 Galicia ás 15.15 horas deste luns alertando da presenza dun corpo no mar. Polo de agora, descoñécense as causas polas que a vítima puido ter caído á auga.

O cadáver do ancián foi recuperado dende unha lancha de Salvamento Marítimo. Segundo se tivo constancia da situación, o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 puxo en marcha un operativo de rescate. Estableceuse comunicación con Salvamento Marítimo e co Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén se alertou a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo, a Protección Civil e á Garda Civil.

Exit mobile version