Segundo explican as monitoras de Gaia “deste xeito os rapaces comprenderon que diariamente consumimos unha enorme cantidade de enerxía, parte da mesma é utilizada de maneira satisfactoria, pero unha cantidade demasiado grande é desperdiciada, xa por sistemas ineficaces ou de baixo rendimento, por perdas de calor por un ineficaz illamento ou simplemente por hábitos irresponsables do propio consumidor pouco concienciado co problema do cambio climático”.
Noelia Mª Ben, concelleira de Medio Ambiente, destacou “a necesidade de reflexionar sobre as nosas prioridades, necesitamos reducir drasticamente o consumo de enerxía por medio de medidas de aforro e mellorando a eficiencia enerxética a todos os niveis”.