Site icon Crónica3.com A Mariña

As monitoras de Gaia imparten unha charla en Burela no Día Mundial do Aforro da Enerxía

gaia-aforroBurela, 23 de outubro de 2016. As monitoras da Aula de Educación Ambiental Gaia estiveron cos usuarios de Eu Son no Día Mundial do Aforro de Enerxía, que se celebrou o pasado venres, día 21. Alí impartiron unha charla con consellos para aforrar enerxía e un xogo on line no que había que tomar decisións que contribúan ao aforro enerxético.

Segundo explican as monitoras de Gaia “deste xeito os rapaces comprenderon que diariamente consumimos unha enorme cantidade de enerxía, parte da mesma é utilizada de maneira satisfactoria, pero unha cantidade demasiado grande é desperdiciada, xa por sistemas ineficaces ou de baixo rendimento, por perdas de calor por un ineficaz illamento ou simplemente por hábitos irresponsables do propio consumidor pouco concienciado co problema do cambio climático”.

Noelia Mª Ben, concelleira de Medio Ambiente, destacou “a necesidade de reflexionar sobre as nosas prioridades, necesitamos reducir drasticamente o consumo de enerxía por medio de medidas de aforro e mellorando a eficiencia enerxética a todos os niveis”.

Exit mobile version