Site icon Crónica3.com A Mariña

Balonmán Galipizza Viveiro 32 – 26 Balonmano Ferrolterra [5ª xornada copa federación]

Viveiro 27-10-16.O Balonmán Galipizza Viveiro despediu a fase regular da Copa Delegación cunha vitoria diante do Balonmano Ferrolterra: 32-26. Deste xeito, os pupilos de Javi Villares pecharon a competición cun pleno de triunfos no Grupo I e agora quedan á espera de xogar a final copeira o 6 de maio diante do Balonmán Deza. Disputarase no pavillón que consiga unha mellor clasificación na Liga.

Os viveireses tardaron dez minutos en entrar no partido diante do Ferrolterra, o que foi aproveitado polos departamentais para acadar unha cómoda renda de 6 goles: 2-8. Os visitantes atopaban situacións cómodas de lanzamento e vían como aos locais lles costaba marcar, apoiados tamén pola actuación do viveirés Rico na porta.

Os mariñaos foron pouco a pouco entonándose en defensa e conseguindo boas opcións en ataque e no minuto 22 xa se poñían por diante no electrónico, chegando ao tempo de lecer cun axustado 15-14.

Melloraron sensiblemente tralo paso polos vestiarios os azuis e en dez minutos anotaron un parcial de 9-5 que practicamente finiquitou o encontro. Ata o final, o técnico local apostou por darlle minutos a todos os convocados, incluído o xuvenil Antón, que anotou 4 goles. Cabe sinalar tamén o estreo oficial no marco local de Jorge Peña.

Ficha partido

BALONMÁN VIVEIRO (32): Emilio e Peña; Jose Labaén (3), Antón (4), Javi Villares (6), Jose Da Silva (3), Villares (1), Ignacio, Fede (4), Turbo (2), Sanjurjo (1), Jacobo Permuy (2) e Aitor Freiría (6).

Exclusións: Villares (2), Sanjurjo (2), Ignacio e Turbo.

BALONMANO FERROLTERRA (26): Rico; Gayoso (1), Aneiros (2), Javier Barros (3), Antonio (5), Javier, Pablo (2), Eneko, Romero, Meizoso (5), Pérez, Alejandro Gayoso (8) e Pareja.

Exclusións: Alejandro Gayoso (2), Aneiros, Pablo, Meizoso e Pareja.

Árbitros: Julio López e Manuel Docampo.

Incidencias: Uns 100 espectadores no Municipal de Viveiro.

Por outra banda, O Galipizza comeza este sábado a Liga de Segunda Autonómica recibindo ao Campus Ourense (Municipal de Viveiro, 18 horas). O obxectivo dos de Javi Villares será intentar moverse na zona alta da táboa para loitar polo resgreso á Primera Autonómica. O rival deste sábado finalizou quinto no grupo II da Copa con dúas vitorias e vén de perder pola mínima na pista do Balonmán Lucus: 16-15.

Exit mobile version