Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela e Galicia, en Cabo Verde en Expomar

expom-cbBurela e Galicia están presentes na feira Expomar que estes días se está a celebrar en Cabo Verde, a onde viaxaron tamén un grupo de empresarios, a xerente da Fundación Expomar, de Burela, Catalina Sánchez, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta, Juan Carlos Maneiro. Alí estiveron (tal e como se pode apreciar nas fotos) co presidente da FIC, co secretario xeral das Pescas de Cabo Verde, co presidente da Cámara e co presidente de Enapor (Autoridade Portuaria). A feria Expomar celébrase na illa caboverdiana de San Vicente e enmárcase na Semana do Mar, que está a ter lugar do 17 ao 22 de outubro.

Exit mobile version