
Burela, 10 de outubro de 2016. O Concello felicita ao atleta Simón González Río, pola súa participación na Maratón de Chicago. O edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, sinalou que “queremos felicitalo polo resultado acadado. Quedou no posto 122 desta maratón, á que acudiron 41.000 corredores. Fixo un tempo de 2 horas, 37 minutos e 52 segundos. Quedou segundo de España e 9º de Europa. E na súa categoría, a de 30 a 34 anos, foi o primeiro español”. O concelleiro socialista engadiu: “agardamos que este veciño de Burela nos siga a dar estas alegrías”.