Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo en Marea preocúpase pola “deixadez que mostra o goberno de Cervo na xestión da atención temperá”

A Agrupación Municipal de EN MAREA en Cervo quere poñer de manifesto a preocupación pola deixadez que mostra o goberno de Cervo na xestión dun servizo tan importante como é o de atención temperá. Este ofrécese todos os anos cunha subvención á que o concello debería terse acollido como moi tarde o 5 de agosto e recordáronse de solicitala no último pleno, cando case pasou mes e medio desde que finalizara o prazo para acollerse á mesma.

A concelleira de Burela, concello no que se organiza tal servizo, púxose en contacto por correo electrónico co concello de Cervo até en 2 ocasións para que este se acollese á subvención e en ningún momento rexeitaron atender as preguntas que lles foron formuladas.

Consideramos que a concelleira de Cervo non ten nada que recriminar a outros concellos, que bastante fixeron xa con avisala en tempo e forma. Parece ser que ser que lle supón moito traballo desempeñar as súas funcións, de xeito que non se cumpre a súa execución por causa de deixadez, algo moi grave dado o cargo que desempeña.

Exit mobile version