Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan os talleres e as actividades lúdicas para a terceira idade en Barreiros

Barreiros, 11 de outubro de 2016. O vindeiro luns, 17 de outubro, darán comezo os talleres e actividades lúdicas para a terceira idade, que organiza o Concello de Barreiros. Desenvolveranse no centro socio cultural Manuel Díaz Sampedro de luns a xoves de 16.00 a 18.00 horas.

Segundo explican desde o departamento de Servizos Sociais “están destinados a maiores de 65 anos, xubilados maiores de 60 ou persoas con discapacidade (que se consideren idóneas para participar na actividade) do Concello de Barreiros. Nestes talleres realizaranse actividades de aprendizaxe e festivas, coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento, dando a coñecer este (as súas causas, consecuencias e recursos dispoñibles para palialo) e potenciando as relacións entre os seus iguais e os veciños de Barreiros”.

As persoas interesadas en asistir, para anotarse ou para conseguir máis información pode acudir no horario da actividade ao centro socio cultural Manuel Díaz Sampedro.

Exit mobile version