Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso impulsa o seu reinicio e celebrará o segundo Congreso Nacional no vindeiro mes de xaneiro

Santiago de Compostela, 1 de outubro. O Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia acordou, na xuntanza celebrada en Santiago este venres, celebrar o segundo Congreso Nacional do partido o vindeiro 21 de xaneiro(o constituínte foi no ano 2012 e o primeiro celebrouse no 2014).

Así mesmo, Compromiso por Galicia impulsará un proceso de “reinicio” da formación para chegar nas mellores condicións ás eleccións municipais de 2019. “É preciso reiniciar ao galeguismo.De darlle un contido actualizado, propio dos tempos que nos tocan vivir” sinalou o secretario xeral, Xoán Bascuas, que informou que non se vai a presentar á reelección no vindeiro congreso, sendo consecuente coa idea da necesidade de comezar un novo ciclo no partido galeguista.

De todos os xeitos, Xoán Bascuas, defende a necesidade dunha forza como Compromiso por Galicia que está chamada a ter unha relevancia social decisiva no país.

Exit mobile version