Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia apoia as mobilizacións e pide a derogación da LOMCE

Santiago de Compostela, 26 de outubro. Compromiso por Galicia apoia as mobilizacións convocadas para este mércores e ós distintos actos que sirvan para reivindicar a derogación completa da LOMCE. Convidamos á comunidade educativa e á sociedade galega a implicarse nesta reivindicación e non centrarse só no rexeitamento das reválidas senón na proposta completa do executivo Rajoy.

Desde Compromiso entendemos que nas manifestacións debemos incidir en distintos aspectos que permanecen ocultos e poderían saír adiante nunha suposta modificación da LOMCE.

Propoñemos a recuperación dos Consellos Escolares como órganos democráticos internos nas tomas de decisións nos centros e que os equipos directivos non veñan impostos pola administración, senón que sexan escollidos por vía democrática.

Tamén pensamos que debemos loitar para que se garanta a oferta de itinerarios e optativas a todo alumnado no seu centro, especialmente no ámbito rural. E ademais consideramos moi importante que se garanta ó acceso ó ensino público a todo alumnado, xa que a LOMCE elimina a palabra “público” con respecto á anterior lexislación, algo que cualificamos de moi negativo.

Exit mobile version