Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso reclama medidas de apoio para as coidadoras de dependentes

Santiago de Compostela 18 de outubro de 2016.O secretario xeral de Compromiso, Xoán Bascuas, alertou este martes da situación dos coidadores e coidadoras de familiares dependentes “as grandes esquecidas dun sistema inxusto e dun goberno que as marxina” e demandou aos gobernos da Xunta e do estado que cadaquén desde as súas responsabilidades poñan fin a unha situación totalmente marxinal.

Ante a situación desta actividade altamente feminizada, con 12.000 persoas recoñecidas en Galicia pero con só un dez por cento cotizando á Seguridade Social, Bascuas reclamou que “estas persoas pasen a ser cotizantes con todos os dereitos tanto no referente a prestación por desemprego como a incapacidade temporal”.

Desde Compromiso por Galicia tamén se propón que as coidadoras “reciban a formación oportuna para unha tarefa tan importante como é a súa” e ademais que por iniciativa da administración dispoñan dun respiro frecuente nas actividades de coidado.“Non se pode falar de xustiza social nin do estado de benestar vendo a situación das coidadoras e non reaccionando con decisión”afirmou Bascuas.

Exit mobile version