Ós pensamentos intrusivos e disociacións cos que, dende datas recentes, tivo que empezar a convivir xuntábanse outros que semellaban moito máis cotiáns: ¿Qué me está pasando? ¿Por qué non son capaz de controlar todo esto? ¿Cómo vou poder explicar algo que non entendo? ¿Volvinme tolo? – Ninguén me vai poder axudar…-
E mentres intentaba sobrevivir no medio daquel inferno pasaban os días e a soidade arreciaba, a xente –toda aquela xente que sempre o axudara, que sempre estivera ó seu lado, aqueles ós que podía chamar amigos…- achábase cada vez máis lonxe, atopábase no medio dunha illa perdida (como aquela de William Golding no Señor das moscas) onde habitaban estraños seres e insospeitados perigos…
Estes tres primeiros párrafos pretenden describir –aínda que seguramente dende un xeito un pouco frívolo e excesivamente light- a primeira barreira coa que se atopa o enfermo mental: a auto-censura ou o recoñecemento da enfermidade; a seguinte, despois de ter superado este primeiro escollo que deixa a moitos afectados fóra de xogo (simplemente non existen, son discriminados polos seus propios entornos familiares, viven “agochados”…), ten que ver coa aceptación social –romántica disputa entre David de Goliath- e a seguinte máis co recoñecemento por parte das institucións. Calquera que esteña algo familiarizado co tema sabe que todas estas causas atópanse todavía en estado embrionario pero é coñecedor da forza inquebrantable dos enfermos que saben que a única loita que se perde é aquela que se abandona.
España, ano 2015, e segundo datos da OMS, máis do 9% da nosa poboación vive con algún tipo de enfermidade mental e agárdase que con brevidade esa cifra aumente. Segundo o mesmo organismo un de cada catro cidadáns terá que enfrontarse ó largo da súa vida a algún tipo de enfermidade mental, e esta cifra aumentará especialmente en Europa e nos países máis desenrolados e lonxevos.
¿Máis datos? Unha porcentaxe superior ó 40% de ditas enfermidades é crónica e trátanse, no día de hoxe, da primeira causa para a incapacidade laboral.
– ¿Motivos para a supervivencia do estigma?
– Ningún.
– Entón, ¿Qué é o que está a pasar?
– Que unha sociedade que non se acepta a si mesma tampouco quere aceptar a diversidade como unha característica.
E ven así, traída necesariamente a colación, como consecuencia directa do déficit de coñecemento e aceptación social, a falta de apoio institucional. O ratio de psiquiatras per capita en España é de 6 por cada 100.000 enfermos. ¿Qué lles parece? Insuficiente ¿Non si?
O día 10 de outubro foi o día mundial da Saúde Mental e a propósito da data sinalada e do exposto no presente artigo rescato aquela cita do autor de Tom Sawyer, Mark Twain: “Un home non pode estar cómodo sen a súa propia aprobación”. Unha sociedade tampouco, sigamos loitando contra o estigma.
Pablo Álvarez Ramos.