Site icon Crónica3.com A Mariña

Concentración en Foz con motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama

Foz, 19 de outubro de 2016. Diante da Casa do Concello de Foz celebrarase este xoves unha concentración con motivo do Día Mundial Contra o Cancro de Mama, na que participou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.

Durante o acto a presidenta da delegación local da Asociación Española Contra o Cancro, Antonia García, agradeceu a presenza de afectados, familiares e outras persoas sensibilizadas coa loita contra o cancro de mama e a colaboración económica resultado do festival benéfico celebrado o pasado venres no colexio Martínez Otero, achega que lle entregaron representantes da Rondalla Latexos e do grupo de teatro Pico do Castro en nome de todos os participantes no acto. Tamén deu as grazas ao alcalde de Foz pola súa presenza no acto de hoxe e pola colaboración do Concello, co que a asociación está traballando en novos proxectos.

Pola súa parte, o rexedor municipal focense agradeceu o bo traballo que realiza a asociación, animou a todas as persoas a participar nos actos da loita contra o cancro e pediu maior implicación.

Exit mobile version