Site icon Crónica3.com A Mariña

“Contiario” na biblioteca de Alfoz

contiario-alfozA biblioteca municipal de Alfoz, realizou una sesión de contacontos da man de Os contos de Pablisimo, co espectáculo que leva por título “Contiario”. A actividade composta por unha grande variedade de relatos, tiña como obxetivo espertar a curiosidade polos libros e mergullarse nas estanterías da biblioteca, dando a coñecer os contos tradicionais e máis os comtemporáneos. A actividade encantou o público asistente que disfrutou e participou cos relatos de Pablo Sánchez: fábulas, cantares de cego, adiviñas, contos minúsculos, etc. Esta actividade da biblioteca pública municipal de Alfoz forma parte do programa Ler conta moito, promovido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Participaron os alumnos de primaria do colexio C.E.I.P Castro de Ouro.

Exit mobile version